Inscrición no Congreso AE-IC 2026

Formulario de inscrición

Nome e apelidos
Correo electrónico
Confirme o seu correo no apartado da dereita
Envío de resumos para formar parte dos participantes con comunicación aceptada

Información para inscrición no Congreso AE-IC 2026

A inscrición no congreso AE-IC 2026, o X Congreso Internacional da Asociación Española de Investigación da Comunicación, é un requisito indispensable para participar nas actividades académicas e científicas do evento, que se celebrará en Pontevedra do 19 ao 22 de maio de 2026.

A matrícula dá acceso ás sesións plenarias, comunicacións paralelas e demais actos programados, tanto en modalidade presencial como virtual, segundo corresponda.

Modalidades de matrícula

A organización establece diferentes modalidades de inscrición, adaptadas ao perfil das persoas participantes e á súa vinculación coa AE-IC. Existen dous períodos de matrícula —reducida e completa— e condicións diferenciadas para participantes con ou sen comunicación aceptada.

Participantes con comunicación aceptada

Matrícula reducida
Do 29 de novembro de 2025 ao 28 de febreiro de 2026

  • Non socio/a AE-IC: 250 €

  • Socio/a AE-IC*: 170 €

  • Socio/a Xove Investigador/a*: 125 €

Matrícula completa
Do 1 de marzo ao 30 de abril de 2026

  • Non socio/a AE-IC: 300 €

  • Socio/a AE-IC*: 220 €

  • Socio/a Xove Investigador/a*: 150 €

* En todos os casos, será necesario estar ao corrente das cotas da asociación a data 31 de decembro de 2025.

Participantes sen comunicación

Matrícula completa
Do 1 de marzo ao 10 de maio de 2026

  • Non socio/a AE-IC: 130 €

  • Socio/a AE-IC*: 70 €

  • Socio/a Xove Investigador/a*: 50 €

Socios/as de honra

As persoas recoñecidas como socio/a de honra da AE-IC, con ou sen comunicación, deberán formalizar igualmente a súa inscrición cun custo de 50 €, que dá dereito á asistencia e participación no congreso.

Dereitos da matrícula

A inscrición é persoal e intransferible e dá dereito a:

  • Acceso ás sesións plenarias, mesas paralelas e actividades do congreso.

  • Participación presencial ou virtual nos actos programados.

  • Acceso aos materiais do congreso.

  • Certificacións oficiais, segundo o tipo de participación.

  • Uso dos servizos incluídos pola organización, como pausas café e comidas que se determinen.

Política de devolucións

Unha vez efectuado o pagamento da matrícula, só se atenderán solicitudes de reembolso por causas extraordinarias sobrevidas, debidamente xustificadas, ata 30 días antes do inicio do congreso. En calquera caso, a devolución estará suxeita á dedución dos gastos bancarios e de xestión correspondentes.

Certificacións

  • Certificados de asistencia: emitiránse unicamente ás persoas matriculadas que participen, polo menos, nunha sesión ou acto do congreso, de forma presencial ou virtual.

  • Certificados de ponencia: reservaranse ás persoas matriculadas que presenten comunicación oral e envíen previamente a ponencia escrita completa nos prazos establecidos.

  • Certificados de autoría: emitiránse a todas as persoas matriculadas que figuren como autoras dunha comunicación presentada no congreso.

En ningún caso se certificará como ponencia un abstract aprobado que non se materialice na correspondente comunicación escrita.

Compromiso coa sustentabilidade

O proceso de inscrición do Congreso AE-IC 2026 intégrase nunha estratexia de sustentabilidade e responsabilidade ambiental, priorizando a xestión dixital de documentación, a redución do uso de papel e a organización eficiente de recursos. Estas medidas forman parte do compromiso da AE-IC cun modelo de congresos máis respectuoso co medio ambiente e co entorno social no que se desenvolve o evento.

Información actualizada

Os prazos, modalidades e condicións de matrícula poderán ser consultados e actualizados nesta web oficial do congreso. Recoméndase ás persoas interesadas revisar periodicamente esta sección para coñecer posibles novidades ou aclaracións relacionadas co proceso de inscrición.

Para máis información sobre o congreso

Para máis información sobre a inscrición