Inauguración institucional e actividade cultural
A primeira xornada comezará cun acto inaugural oficial na Casa das Campás, sede do Vicerreitorado do Campus de Pontevedra, con retransmisión en streaming. O acto contará coa participación de representantes institucionais da Universidade de Vigo, da Deputación de Pontevedra, do Concello de Pontevedra e da AE-IC, así como da presidencia do Comité Organizador. Nesta sesión celebraranse tamén dous homenaxes institucionais, dedicados a Rosa Franquet e Daniel C. Hallin, como recoñecemento ás súas traxectorias académicas e á súa contribución aos estudos en comunicación. A xornada concluirá cun viño de honra e un acto cultural.